Sobre nós

Tenda Canteira é un proxecto que xorde coa intención de axudar aos Clubes Deportivos a desenvolver a súa actividade.
Durante anos, colaboramos cos clubes máis próximos de maneira desinteresada en forma de patrocinios ou axudas puntuais.

Decidimos que queríamos facer máis, e desenvolvemos un modelo de fabricación e venda de produtos personalizados con dúas intencións fundamentais:

1

Reforzar a identidade de Club e o sentido de pertenza. Sexas xogador, pai ou un afeccionado.. es parte do teu Club, e queremos que sempre estea preto de ti.

2

Conseguir xerar un ingreso recorrente para o Club para colaborar no desenvolvemento de todas as actividades competitivas e formativas.

Para isto, fabricamos obxectos personalizados coa imaxe de marca dos clubs adheridos ao programa de Tenda Canteira. Ese é o noso obxectivo. Clubs autosuficientes e aficións implicadas… e personalizadas 😉